imagen portada

Diciembre 16, 2017
Concello de Ames


Historia

O Fútbol Club Meigas foi fundado no ano 2004 co nome "Sociedade Deportiva Follas Novas / Brión".
O Club disputou a súa primeira competición oficial na tempada 2004-2005, na primeira división da liga Local de Santiago, logrando o campionato de liga.
Nas seguintes tempadas, 2005-2006 e 2006-2007, o Club competiu baixo a disciplina do Bertamiráns F.C. disputando a liga Provincial de Coruña, quedando en ambas as dúas tempadas no posto 13 da clasificación. Na tempada 2006-2007 creouse o equipo filial, que lograría o segundo posto na 2ª división de local, logrando así o ascenso a 1ª e o subcampionato de copa, caendo derrotado na final contra o F.S.F. Estradense por 3-0. O Club participou por primeira vez na Compostela Cup, quedando en terceira posición tras gañar a final de consolación.



A tempada 2006-2007 pechouse coa consecución do Torneo do Concello de Ames, batendo na final ao Funeraria Apostol 3-1.
O Club decidiu volver competir en Brión durante a tempada 2007-2008, esta tempada creouse a categoría Cadete masculina. O equipo de provincial remataría a tempada na 6ª posición, o equipo de local quedou no medio da táboa de 1ª división e o equipo cadete en 7ª posición.



Na tempada 2008-2009 leváronse a cabo numerosos cambios dentro da estrutura do Club así como no equipo do primeiro equipo. A expulsión de varias xogadoras así como o cesamento da presidenta provocou unha renovación no Club. Esta renovación comezou a final de tempada, véndose as primeiras novidades na Compostela Cup, na que nesta tempada o Club lograría o primeiro posto en Fútbol 7, vencendo ao Braga aos penaltis tras rematar o partido 3-3, logrando o subcampionato na categoría de fútbol sala Sub19 e o trofeo á mellor xogadora do torneo para Miriam Rios, quen nesta tempada tamén debutaría coa selección Galega absoluta.



A reestruturación do Club fué profunda, o equipo do primeiro equipo incorporou a 5 caras novas, tamén afectou ao filial que só conservou dúas xogadoras da tempada anterior, e creouse a categoría cría. Esta tempada converteríase na máis brillante na curta historia do Club, o primeiro equipo lograría o ascenso á liga Autonómica Galega tras quedar segundo clasificado da liga Provincial e proclamaríase campión da Copa da Coruña vencendo o Fisober F.S.F. na final por 2-1.



Na tempada 2009-2010 e tras as malas relacións co Concello de Brión, e tras múltiples conversacións co Concelleiro de Deportes e co Alcalde do Concello, nas que se puxo de manifesto o nulo respecto e interese polo fútbol feminino, os socios do Club deciden trasladalo ao Concello de Ames e cambiarlle o nome pasando a partir deste momento a chamarse "Fútbol Club Meigas". Esta tempada tomaríase a decisión de continuar só con categorías exclusivamente femininas, polo que se desfarían os equipos cadete masculino e cría mixta, pasando as nenas da cría ao equipo filial.
Esta tempada o Club seguiría obtendo éxitos, o primeiro equipo logrou salvarse do descenso cumprindo o obxectivo da tempada e o equipo filial logrou o subcampionato de liga e o triunfo na Copa de Santiago, vencendo o Pedras de Santiago por 1-0

.


A tempada 2010-2011 é de momento a máis ambiciosa do Club, nesta tempada está previsto a inscrición do equipo filial na liga Provincial de Coruña, manter un segundo filial na liga local de Santiago e volver crear a estrutura de categorías inferiores, creando este ano a categoría cría feminina.



O obxectivo deste club dende a súa fundación foi ofrecer ás xogadoras do concello a posibilidade de practicar este deporte, formar unha canteira de xogadoras, e que pouco a pouco sexan estas xogadoras as que fagan crecer o club.
Dende a súa fundación o club foi aumentando o número de equipos e de participantes ata chegar actualmente a estar composto de 4 equipos e máis de 40 xogadoras.

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

F.C. Meigas Capitanes

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

00 logo viamaris

logo Kebab ACTUAL

logo los angeles

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos