imagen portada

Abril 25, 2018
Concello de Ames


IIº Campus F.C. Meigas e EFS Trasgos

II Campus Entrega de Trofeos

O IIª Campus Meigas e Trasgos rematou por todo o alto, despois de 5 días de convivencia co fío conductor de fútbol sala e diversión facendo deporte.

Os nenos e nenas que dende o 26 ao 30 de decembro, gozaron das mañás xuntos, despedíronse recibindo os diplomas de asistencia da man das personalidades que viñeron de visita: Santi Valladares, (adestrador do primeiro equipo do Santiago Futsal), José Miñones, (alcalde do Concello de Ames), e Isabel Gozález, (concelleira de participación, atención á veciñanza e promoción económica do Concello de Ames).

Cada día do campus transcorreu entre traballo de tecnificación de fútbol sala, partidos que integraron un mundialiño (entre os catro equipos: Zanahorias, Chinchetas, Yo no se y Yo tampoco), e para as actividades complementarias visitaronnos a diario clubs e adestradores, aos que lle agradecemos enormemente a súa inestimable aportación. Santiago Black Ravens (Fútbol Americano), Club de Béisbol Os Tilos (Béisbol e Softbol), Club de Hockey Compostela (Hockey sobre patíns), e Susana Zumalave (Baloncesto), para achegar aos nenos e nenas nocións de novos deportes de xeito moi divertido e novidoso.
A actividade final foi unha paraolimpiada na que vivenciaron unha maneira diferente de facer deporte con limitacións (motoras e visuais) para descubrir que gozar do deporte depende, en grande medida, da actitude.

Unha actividade na que aproveitamos para a transmisión dos valores Meigas e Trasgos: deportividade, solidariedade e compañeirismo.

Agradecer a colaboración do concello de Ames, e a Feiraco que aportou yogures para repoñer tan necesarias enerxías a media mañá.

Agardámosvos na IIIª edición o próximo verán!!!

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Logo MFS

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

logo libreria lenda

logo a taboa

Logo Panaderia Luna

logo los angeles

 

 

 

 

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos