imagen portada

Diciembre 16, 2017
Concello de Ames


Sabela, unha renovación moi especial

sabela cadarso

Sabela Cadarso Fraga, continuará unha tempada máis no F.C. Meigas, e con esta serán xa 10 tempadas vestindo as cores do F.C. Meigas.

A canteirá do F.C. Meigas vivirá unha tempada moi especial ao celebrar os 10 anos no club, dende a directiva queren trasladar a súa ilusión por ser a primeira xogadora do club en acadar esta marca no club, e esperan que todos poidamos disfrutar de Sabela moitos anos máis.

Sabela incorporouse ó F.C. Meigas na categoría Benxamín, e foi superando tódalas etapas e categorías de formación ata chegar ao primeiro equipo fai 3 tempadas.

Diego Montero, adestrador do primeiro equipo, "Traballo, esforzo e capacidade de superación, simplemente con iso se entende o acadado por Sabela. Son 10 anos vendo como progresa, pouco a pouco, e sempre cun sorriso. A tempada pasada foi moi dura para Sabela, costoulle adaptarse ó nivel e as novas esixencias que prantexaba a nova categoría, pero como sempre, deu un pasiño adiante cando máis falla facía e rematou a tempada xogando e a gran nivel. Creo que Sabela é moito máis que unha xogadora para o Club, e espero que siga moitos anos con nos."

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

00 logo viamaris

logo Kebab ACTUAL

logo los angeles

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos