imagen portada

Enero 23, 2018
Concello de Ames


Un final con promesa de máis

Foto final campus 2017

O primeiro campus de fútbol sala Meigas e Trasgos, deixa pegada polo intenso, divertido e enriquecedor.

Cada día, 18 nenas e nenos conviviron co pretexto do fútbol sala, co que gozaron e profundizaron os seus coñecemento dunha maneira diferente: en vacacións, todos os días, moitas horas, con adestradores novos.... foi unha semana adicada ao fútbol sala!

Semana na que houbo moitísimo máis.... nov@s compañeir@s, novas actividades (capoeira, tiro con arco, chave, Judo, béisbol),os chapuzóns na psicina cada día e o principal: ambiente de confianza, complicidade e compromiso que fixo que o tempo fora pouco, que quedaran con vontade de máis.

Comezaron con moitos ánimos e un pouco de timidez, que grazas ao fantástico equipo técnico e a@s maravillos@s asistentes, dende o priemiro día, desapareceu a timidez e medraron os ánimos, para formar un grupo compacto que cada día devolvía nenas e nenos á casa, plenos de anécdotas, contos e ilusións para o día seguinte. É o motivo para madrugar nas vacacións!

O toque final foi a visita de Santi, xogador de primeira división no Santiago Futsal que xunto a María Isabel González Cancela e José Blas García Piñeiro, concelleiros de participación, atención veciñal e promoción económica e urbanismo, obras públicas e servizos básicos do concello de Ames, entregaron un diploma a cad@ nen@, que acolleron con moita ilusión. Tamén foi sorteada unha camiseta do Santiago Futsal, agasallo moi ben recibido que agradecemos moito!

Hoxe a despedida, con sabor a pouco compartido, semellaba unha promesa de futuro xunt@s, e dende o FC Meigas e a EFS Trasgos, temos o compromiso de traballar para repetir esta tan boa experiencia.

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

00 logo viamaris

logo Kebab ACTUAL

logo los angeles

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos