imagen portada

Abril 25, 2018
Concello de Ames


Gran festa de peche de tempada

IMG 1208

Pechamos oficilamente a nosa tempada, facendo a celebración do Día do Club.

Un día moi importante e especial no que a familia Meigas compartiu a tarde do sábado 17 entre xogos, partidos, risas e mostras de cariño.

Comezamos compartindo momentos de piscina e hinchables, no que nenas e familias gozamos xuntos do relax, logo dunha tempada moi intensa e con moitas emocións! E como xa é tradición, disputamos os partidos nais vs nenas e pais vs nenas, nos que @s adult@s estivemos na pista, dandoo todo, rindo moito aprendendo das nosas nenas.

O partido nais vs nenas disputouse con moita deportividade, tendo o marcador un gran peso de cara ás nenas que gañaron limpamente ás nais, que non consegueron marcar gol na portería, pero si nas risas que botaron, e os momentos de complicidade que viviron!

O partido pais vs nenas foi moi emocionante, desempatando as nenas no último minuto da segunda parte.

Unha tarde moi emocionante, que deixa moitos bos recordos compartidos, momentos gozados en boa compañía e imaxes que poden dar unha idea da intensisdade de todo o vivido.

Estamos moi agradecidos de toda a tempada que desenvolvimos, e neste día tan especial, a tod@s os que participamos, porque é cando damos un peche a tanta entrega, traballo e responsabilidade, e que mellor que facelo xunt@s e gozando das nenas! Grazas familias! PORQUE XUNT@S SOMOS MELLORES!

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Logo MFS

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

logo libreria lenda

logo a taboa

Logo Panaderia Luna

logo los angeles

 

 

 

 

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos