imagen portada

Abril 25, 2018
Concello de Ames


Iria e Malena debutan co Primeiro Equipo

foto debut malena e iria

O pasado domingo vivimos uns dos momentos que fan saber que imos polo camiño correcto, un acontecemento que da sentido a nosa loita pola escola e a nosa aposta por formar a base do club: o debut de dúas das nosas pequenas da escola, na categoría provincial.Iria García Ruanova e Malena Pellegrino Vignolo, que actualmente xogan na categoría alevín, veñen medrando e traballando na escola do Meigas hai varios anos, cunha progresión fantástica, baseada na aprendizaxe, a entrega e o traballo ben feito, tanto pola parte delas coma pola dos seus formadores.

O equipo de provincial do FC Meigas foi invitado polo FSF Melide a disputar un encontro amitoso, previo á final do Copa de Terceira División Masculina, oportunidade que aproveitou o adestrador e o seu equipo, para dar o paso de impulsar ás peques a xogar ao carón das súas ídolas!

foto debut malena e iria 2

Noraboa a Iria e Malena, que xogaron ca seriedade e o disfrute que caracteriza ás nosas Meigas, noraboa ás compañeiras que acolleron con tanto respecto as súas peques e ao equipo técnico, que sempre traballa ca visión de medrar e facer medrar as Meigas.

Ese mesmo día debutaba no filial, de categoría senior local, outra alevín, Laura Rodas Granados, completando así un domingo inolvidable para a familia Meigas.

Desexamos e sabemos que isto serve de impulso a todo o grupo de nenas da nosa escola, que veñen facendo camiño, e saben, que día a día somos mellores.

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Logo MFS

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

logo libreria lenda

logo a taboa

Logo Panaderia Luna

logo los angeles

 

 

 

 

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos