imagen portada

Enero 23, 2018
Concello de Ames


Exitosa xornada de presentación do F.C. Meigas

foto noticia

A prometida xornada do sábado 26, non decepcionou.

A tarde comezou cun fantástico partido da categoría Alevín. As nosas rapazas comezaron a liga xogando un gran partido e facendo as delicias dos asistentes, demostrando todo o traballado nos adestramentos.

Continuamos coa foto oficial do club para a tempada 2016-17, na que podemos ver as xogadoras de todas as categorías do club acompañadas dos seus adestrador@s, monitor@s e o presidente do Club.

Como penúltimo acto, toda a familia do Meigas participou dun precioso acto contra a violencia de xénero, sumándose desta maneira a campaña do Concello de Ames “Ames en Negro”. As xogadoras, familiares, directivos e adestradores participaron facendo unha foto de familia coa camiseta da campaña e un divertido “photocall”, con frases contra a violencia, cas que as nenas sentíronse identificadas.

Para rematar a tarde, gozamos do emocionante partido entre o primeiro equipo do F.C. Meigas e o T.C.A. Instalaciones F.S. Pontedeume, co marabilloso público das nenas do resto de categorías e as súas familias.

Cos recordos desta tarde, alimentamos a ilusión polos vindeiros eventos!

Máis fotos!!!

Clubs Colaboradores

Imagen1

Logo Santiago Futsal

Síguenos

facebook-icontwitter-iconyoutube-icon

Patrocinadores

Logo juguettos

Logo sisrecon

logo maphre

logo panaderia mazas

botalle outra

00 logo viamaris

logo Kebab ACTUAL

logo los angeles

logo mudega 

Actividades

Sin eventos

Directiva

Sin eventos